Comunidades web galegas

Boas! É a primeira vez que publico aquí…
Estou interesado en saber a vosa opinión sobre o estado da comunidade galega noutras webs semellantes a Chuza, como Meneame, Reddit, ou noutras máis “nosas” como Cabozo, Belvis ou mesmo Chuza.

Polo xeral, a miña opinión é que a meirande parte da “discusión” en liña en galego pasa por redes como Facebook, e que polo xeral non adoitamos participar noutros foros. Que achades?

3 Likes

Boas @manego, bemvindo. Vou dar a minha opinião.

Chuza ja não tem nada a ver com Menéame. Em termos de software originalmente era um fork dele mas agora é um fork do Discourse. O interface e a interacão são completamente distintos.

Não vou por Menéame, não che podo dizir.
Cabozo hai anos que é pechado, tampouco me molestei em solicitar passe.
Penso que é a primeira vez que me falam de “Belvis”, na minha vida o mirei, e inda venho de procurar por ele no Google e não atopei.

O mesmo ca tí também tenho a sensação de que os nossos paisanos empregam principalmente Facebook e Twitter, inda que nã tenho dados que o confirme. Tenho conta no Facebook e entro a diario, mais que nada para mirar o que hai e trollear um pouco. Não fago log in no twitter inda que o visito varias veces o dia por ligaçãos de atualidade.

Vou pouco polo reddit mais é um site que tendo a visitar máis porque para qualquer cousa que che interese tem varios subreddits, mas não procurei por cousas da GZ nel. Agora que falaches hei mirar.

A ver se me expliquei

3 Likes

Concordo con @oFlanaghan. De feito esta entrada a vin no FB. :frowning:

Penso igual…

Sei que Menéame non é igual, mais estaba a xeralizar. Eu tamén non coñezo Belvis… http://belvis.as-pg.gal/. En Reddit é onde máis atividade parece haber, pero pouca

É unha magoa… A que achades que se debe?

Escrivim hai tempo um artigo para Praza:

Bem sendo a mesma polémica que o comercio pequeno e as grandes superfícies, transladada ás redes sociais. Nós somos nichos que oferecem vantagens que complementam as grandes redes, como o feito de sermos propietarios dos dados, que podes falar c´os administradores, etc…

Nós especializamo-nos no bizarrismo galego: gayegadas, madrinlenhadas, El Gonorreo Galiziano, etc… e aínda temos máis visitantes que usuarios ativos. A atividade é cativa, mais todas as webs baseadas em Reddit ou Menéame fracasarom. Quedam os foros, estilo forocoches, porque hai máis contato direto c´o usuario e é posível manter certa relaçom c´os usuarios.

3 Likes

Coñezo unha rede social xenuinamente galega chamada “Caxigo” que disque segue esquecida polos medios. https://caxigo.gal

2 Likes