Clarín, semanario indepente de esquerdas

Foi un xornal pontevedrés cunha existencia que pasou desapercibida para os estudosos do xornalismo republicano <–

Detrás desta iniciativa estaba o impresor e libreiro Clemente Martínez Gendra, o empregado Germán Fernández Gracia e o propietario Manuel Villar Cimadevila, este último natural de Vila de Cruces e residente en Vigo. Todos eles estaban na órbita do partido Izquierda Republicana.

O novo xornal pronto se faría notar polos ataques a políticos de diferentes partidos, sacando á luz aspectos pouco convenientes do seu pasado. Personaxes do partido Radical (“All-Capone Electoral Band”), dirixentes da patronal pontevedresa como o fabricante de alpargatas Ricardo Melero, a quen alcuman Ricardo “El Negro”, Alejandro Viana, Prudencio Landín, Bibiano F. Osorio Tafall, Celestino Poza Cobas, Portela Valladares e moitos outros.

Denuncian, a nivel nacional, “la confabulación sórdida de todos los malos intereses alentando el fascismo criminal” e, na provincia, “el resurgir nauseabundo de todo el viejo barbudo caciquismo acaparando el favor de las autoridades gubernativas.
Contra todo esto; contra la dictadura impúdica y nefasta; contra unos nuevos agrarios de ópera bufa que no saben jota de la tierra y de sus problemas; contra ese noxento mimetismo político que hace posible la maravilla de despertar …

4 gústame