Chuza Auténtico asina a paz con Santi Rei

O rede social nacional auténtica decidiu en asemblea aceitar a oferta do Grupo VOZ e integrarse na división audiovisual, diste xeito, aseguran seguir mantendo a actividade grazas ao magnata do xornalismo coruñés. Os expulsados, todos de caneta lusista, tiñan asinado coa rede Globo de ultramar, sendo representados na sinatura por Jardim da Madeira, que se atopaba en viaxe oficial no São Paulo no momento da tráxica creba, segundo transcendeu ista mañán. A traizón ao país é inadmisibel, declarou Baltar cativo, portavoz dos auténticos, nun intento de se facer cos milleiros de euros que hai agora nas contas, porén, o xuiz titular do xulgado número 4 de Chantada, declarou os bens inmobilizados até ditar sentencia, ao ser necesario probar a quen queren máis as galegas, se a papai ou a mamai.

Ampliación aqui

Dende presidencia, o dos Peares anunciou unha rolda de imprensa man a man co bispo de Compostela contra as 14 horas, onde adiantan que farán un chamamento á calma nas rúas, peiraos e polígonos.

A iste tráxico suceso, súmase a disputa do derbi nacional de fútebol, que pode virar no detonante para que a violencia estoure, pois segundo parece, son os da Coruña os que se están a posicionar a carón da rede globo por causa do porto exterior, aseguran, cando teñen sido de sempre os vigueses os que estiveron máis perto do Miño e a lusofonía. Xil Rios anunciou vía twitter estar disposto a presidir unha eventual Conferencia de Paz de Moraña para ista fin de semana,

2 Likes

Última hora: O tesoureiro de Chuza! prepara a fugida com os milhões de euros a Uruguai. “O lucro proposto por Rede Globo é mui chato e não vou ficar á espera do humor variável como papa-ventos neurótico do Santi Rei. Vou para a casa de Pepe, que ele me entende…”

1 Like

Condanado :dizzy_face:

1 Like

Esta notícia é certa de máis.

1 Like

o da Globo acreditei, mas isto parece-me um típico engano do 1 de abril, não me digades que a do Globo tão bém era …Minha madrinha apreijades os passaros voando