Canle de Youtube en galego

Boas tardes a todos.

Estiven dándolle voltas desde fai tempo á posibilidade de darlle un uso distinto a unha canle de youtube que teño desde fai anos. A temática principal sería a mitoloxía galega, cousas de misterio, noticias e entrevistas en persoa, por zoom,etc. E claro, sería en galego.
Vos que opinades desta iniciativa?

Saúdos.

3 Likes

Naturalmente. Eu curto o tema. A única referencia que tenho no eido é a do programa “A outra porta” que emitem em radionove.gal os domingos ás 23h.

4 Likes

Non o coñecía, pero parece que está en castelán non?

bem, pode ser de interesse. Até a podias fazer a quatro mãos com o José Manuel Barbosa, que adora isso

O programa vai em galego. Logo algumha das pessoas colaboradoras ou entrevistadas pode ser que fale castelhano. Não escoitei o de onte.

Pois estaría ben saber se algún da páxina ten canle de youtube, ou mesmo se tería interese en facer un podcast. O tema habería que falalo.
Quen se animaría a facer un podcast conmigo?

Agardo as vosas respostas.

Saúdos.

Quen que é? Non o coñezo, nin me sona.

Eu não conheço mas penso que deve ser este --> https://pgl.gal/author/barbosa/

1 Like