Campaña 2016_ Medio Rural licita sen publicidade 11,2 millóns de euros para traballos de roza e contra incendios

Nunca antes o Goberno Galego explotara a vía da contratación sen publicidade para executar a política de prevención de lumes dun xeito tan masivo.

Segundo informara Faro de Vigo, a Xunta cree que os traballos de limpeza deben converterse nunha “inversión produtiva” e non nunha tarefa da administración pública.

Cómpre lembrar que a Administración Galega conta xa cun organismo especializado, entre outras funcións, nas tarefas do coidado do monte, o SEAGA.

En 2015 a maioría absoluta do PP aprobou nas Cortes unha Lei de Montes que, segundo criticara o PSOE, “privatiza e recorta a loita contra os incendios”.
http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/28583-100-contratos-dedo-privatizar-limpeza-monte

1 gústame