Carvalho dá mostras cumpridas de ser o intelectutal mellor preparado da súa xeración e aquel, dos sobreviventes ou dos residentes na Galiza, a quen se lle podía e debía encomendar a elaboración da gramática moderna do galego ou da primeira historia da literatura contemporánea realizada con rigor e criterios científicos e solventes. Relembremos as datas. A segunda coñece a súa primeira edición en 1963; a primeira ve a luz en 1966 e acadará sete edicións. Non por casualidade. No ecuador desta década de sesenta nacen a Unión do Povo Galego, o Partido Socialista Galego, asociacións culturais decisivas como O Galo ou O Facho, en Compostela e na Coruña respectivamente…
3 Likes