BNG denunciará o Estado español por incumprir a directiva europea de seguridade ferroviaria

O informe feito público a pasada semana polas autoridades comunitarias supón unha “proba de feito” do incumprimentos por parte do Estado español da Directiva 49/2004.

Dende o BNG reclamaron de novo a demisión da ministra de Fomento, Ana Pastor, así como o “urxente cesamento” das persoas que fan parte da Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios (CIAF) para garantir o carácter independente da mesma. Tamén así, a segunda feira (18 de xullo) o grupo parlamentar do BNG solicitará a convocatoria da Deputación Permanente da Cámara galega para reclamar un pleno “extraordinario específico” sobre o accidente de Angrois. Na última sesión, o Partido Popular rexeitou que fose modificada a orde do día opóndose por cuarta vez á creación dunha comisión de investigación sobre o sinistro.

“Non gostamos de que nos tomen o pelo”, sinalou a portavoz nacional do BNG e deputada no Pazo do Hórreo, Ana Pontón. “Por moito que o PP pase o rodelo nas institución seguiremos adiante até que se depuren as responsabilidades” no que coida que é un “dereito” como “sociedade e como pobo”.

1 gústame

https://twitter.com/_infoLibre/status/760415223652184064 :wolf:

1 gústame