Encausados na ‘Operación Jaro’ afirman nunha comparecencia pública que o independentismo “gañou un pulso” ao tribunal español. Anuncian iniciativas e accións a desenvolver nestes meses, entre elas unha denuncia perante a ONU, para lograr agora que se arquive o proceso contra os 9 independentistas para os que se manteñen as acusacións de “integración en banda armada” e “enaltecemento do terrorismo”.
4 Likes