Audiência Nacional espanhola: a democracia "especial"

A Audiencia Nacional é a cara máis visíbel do populismo punitivo. Digamos que está dando forma xurídica ao que parte da sociedade quere ou lle fan querer desde o poder político.
o ficheiro Stop Radicalismo…Pasou moi desapercibido ao principio, supoño que porque Interior presentouno como algo técnico e porque afectaba a un colectivo que non parecía merecer socialmente moita preocupación en canto á defensa dos seus dereitos. Solicitamos información, pero non recibimos ningunha porque se nos dixo que era unha cuestión de seguridade nacional. O que está pasando é que o ficheiro é inútil en termos policiais, pero ten outra finalidade, a de limitar dereitos. É o primeiro ficheiro, pero pode abrir o camiño a outros ficheiros de pretendidas radicalizacións.
Cales son os colectivos máis reprimidos no país? De vello sempre foron os colectivos libertarios e os de apoio a presos. Tamén os colectivos sindicais e independentistas. A medida que a protesta foise ampliando, podemos dicir coloquialmente que ninguén está a salvo. Hai exemplos dabondo: a xente do cerco, os preferentistas, movementos ecoloxistas ou de crítica urbanista… houbo represión con sancións administrativa pero tamén nalgúns casos, como en Coia con aquel movemento veciñal, cun xuízo penal.

2 gústame