As tecedeiras do Añón


Clemencia aprendeu a tecer de rapaza. Farta de ver como o oficio de tecelá cada vez lle daba menos cartos, decidiu botarse a facer pieites. Seu pai fora carpinteiro e partes do oficio non lle eran de todo alleas “ ai os pieites lévanche o seu traballo”. Facía neles mentres andaba cunha cuxa a pacer pola corda “ labraba as pughas cunha navalla vella de facer a barba ben moída, e despois íbao armando así prendido debaixo do brazo,ves?”. Se o pieite era da estopa leváballe o día, do lenzo día e medio. Despois ensinoullos a facer a María.

Os pieites vendíaos na feira. Por cada un cobraba 10 ou 12 pesos “ nena se queres que che lle bote canaveiras das boas hanche ser 15 pesos. ” dicíalle ás clientas.

Muller creativa e innovadora sustitueu o acabado de cera das cabezas dos pieites por un novo produto que ela inventou feito “ da recina dos piñeiros mesturada con aceite”. Hoxe entraría dentro do chamado I+D+I.

1 gústame