As rendas sociais municipais, aposta das mareas para levar a iniciativa

Coruña e Compostela botaron a andar nas últimas semanas as súas respectivas rendas sociais municipais. O 5 de outubro comezou o prazo para solicitala en Santiago e o 30 de setembro fixérao na cidade herculina. Os dous instrumentos buscan dar cobertura a persoas en situación de vulnerabilidade que na actualidade non perciben a Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA) -á que só poden acceder aquelas que carecen de calquera ingreso-, dando resposta así a novos perfís de pobreza, persoas que en moitos casos teñen traballos intermitentes ou con salarios insuficientes para ter unha vida digna.

1 gústame