[][1]
O persoal da inspección de saúde pública da Galiza está en folga dende o pasado maio para “reivindicar melhoras na Gestión da sanidade ambiental”
A finais do pasado maio a Agencia Europeia do Meio Ambiente facía
público o seu informe anual sobre a qualidade das augas de banho e volvía
outorgar cualificación de “excelente” a unha amplísima parte da costa e
dos cauces fluviais da Galiza, se ben situaba unha trintena de ‘puntos
negros’ en territorio galego, máis da metade dos 52 identificados no
Estado.
Estas alertas e riscos foron explicitadas polos inspectores o pasado 1
de junho, cando a Xunta celebrou en Oleiros a entrega das bandeiras
azuis, os distintivos que concede a Federación para a Educación
Ambiental en Europa e que [dende 1999 non contan co apoio da Comisión Europeia por carecer, precisamente, de rigor no que atinge á certificación da qualidade ambiental das praias][2].
[1]: http://praza.gal/movementos-sociais/11943/os-inspectores-en-folga-alertan-de-que-a-maioria-de-praias-contaminadas-seguense-usando/ “Vai para o Praza.gal --> Os inspectores en folga alertan de que “a maioría de praias contaminadas séguense usando””
[2]: http://praza.gal/movementos-sociais/7324/bandeiras-azuis-mais-negocio-turistico-que-medio-ambiente/ “Praza.gal (junho de 2014): Bandeiras azuis: máis negocio turístico que meio ambiente”