As Irmandades da Fala volven ir de romaría, un século despois

O 2 de xullo de 1916 celebraron nos campos de Elviña as Irmandades da Fala da Coruña. Esta xuntanza foi o primeiro acto público, festivo e asembleario en prol do idioma galego.

http://praza.gal/scene/uploads/$fotos/foto/5b36552d9a79e-photo_2018-06-29_10-16-39.jpg?options=resize%2C400

O vindeiro sábado 7 de xullo o Colectivo Literario In Nave Civitas, a Asociación de Vecinos Os Rexumeiros de Castro de Elviña e a Sociedade Cultural Deportiva Tempo Novo organizan unha romaría que servirá para lembrar aquelas xuntas

4 Likes