Arredor da feira do Carballiño

A caída en desgraza do mosteiro de Oseira, Cea, logo da desamortización levouno a un espolio continuado que propiciou en 1909 a orde do bispo titular de retirarlle a aquel lugar o dosel que realizara o Domingo de Andrade. A veciñanza non conforme coa decisión acudiu para defender o patrimonio, sendo tiroteados pola Civil, co resultado de 7 mortos matados, entre elas, unha cativa e unha muller grávida. Contan os vellos que aínda non medra a herba onde isto sucedeu, mais iso eu non o sei