Alba tolea coas pandereteiras

No vídeo, gravado polo músico escocés Tom Bancroft nun descanso dunha das actuacións e logo colgado no seu Facebook, as cantareiras non cantan un tema galego senón castelán, ‘Las Panaderas’. E Bancroft fai un curioso comentario verbo do concerto oficial: “So far it is Galicia 7 Rajastan 5 Scotland 0”, puntuando o nivel musical dos grupos que había nese momento no escenario.

A representación galega no Celtic Connections deste 2017 foron Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre e a Banda das Crechas, que nesta ocasión, ante a imposibilidade de que acudise o seu vocalista habitual (Davide Salvado), convidaron ás Tanxugueiras a que os acompañasen a este festival. Banda e Tanxugueiras tamén participaron no concerto-homenaxe a Angus Grant (‘A night for Angus’), o violinista de Shooglenifty finado o pasado ano, que mantiña unha estreita relación con Galiza.

1 gústame