Alba De Gloria 2016 no Pico Sacro

Seguimos a estela de Castelao quen acudiu en peregrinación até o Pico Sacro no 1925, cando unha ditadura impedía celebrar a festa nacional, e volveu imaxinariamente sobre el, desde o exilio, ao construír unha das súas pezas ensaísticas e literarias máis profunda

PROGRAMA PARA O 23. 07. 2016
Pódese asistir a todas ou só a algunha/s das actividades

12.00h. Benvida na chaira da capela do Pico Sacro a cargo do escritor Miro Villar e a continuación subida do último treito deste monte.

13:00h.: Izado da bandeira polas Asoc. Cult. Vagalumes de A Estrada e O Galo de Santiago. De seguido lectura de Alba Gloria de Castelao por parte de representantes das A.C. O Galo, Vagalumes, Papaventos, S. Campio e Raiceiros de Vedra. Canto do himno Galego e baixada.

14:00h.: No adro da capela do Pico Sagro actuarán os cantautores Mini e Mero, o gaiteiro Raúl Galego e músicos da comarca da Ulla.

15:00h.: Xantar en “Casa Mosqueiro”, S. Mamede de Rivadulla.

ROTEIRO GUIADO
por Iolanda Aldrei da asoc. A Granxa do Pico Sacro:

  • 16:45h.: Saída de “Casa Mosqueiro” para a capela de Santiaguiño. Nela falarase do Camiño de Santiago da Ruta da Prata .

  • Igrexa de S. Pedro de Vilanova. Ademais do aspecto artístico, tratarase do poder da igrexa e da pequena nobreza rural.

  • Area do Muíños . Incidirase na vella economía agraria e na cultura popular

  • Mirador de Guindian. Veremos as tres pontes e o súa integración ou impacto na paisaxe

  • Igrexa de Vedra e palco da música. Tamén se explicará a labor de López Ferreiro que foi o seu párroco antes de ser cóengo na catedral compostelán

  • Remataremos nun Furancho situado pertísimo da área recreativa de Ximonde. Poremos tomar viño da Ulla, que actualmente goza de merecido nome e boa relación calidade/prezo.

Formulario para anotarse a xantar: ( ver ligazón)

3 Likes