Pode que haxa quen se enganchou ao tradi despois de ir á Foliada?
Seguro. Na Foliada forxouse de todo: naceron parellas, grupos de música como De Ninghures… Ademais, alí hai xente moi nova, a media de idade é moi baixa, así que toca barallar a posibilidade de que esta música tradicional estea na categoría de urbana. Que pode haber máis urbano que unha fila de bailadores novos?