Academia das Ciências de Lisboa nomeia três galegos académicos-correspondentes

Este 14 de xullo terá lugar unha sesión da Academia das Ciências de Lisboa (ACL) na que os galegos José-Martinho Montero Santalha, José Ângelo Cristóvão Angueira e Isaac Alonso Estraviz tomarán posesión como académicos-correspondentes da Galiza. Non é a primeira vez que hai galegos na institución asesora do goberno portugués en cuestións de lingua, mais si que se recoñecen pola ACL como “de Galiza”, creando así a categoría para o noso país. Nomes como Guerra da Cal ou Carvalho Calero, que eran correspondentes na ACL, facíano como “de Espanha” pois só se recoñecían os estados. “Desde o ámbito académico recoñécese que existimos, que Galiza está aí”

4 Likes
  • 1.000.000 de parabéns !!
1 Like

Que bom
Do reintegracionismo é do unico lugar que chegam Notícias com siso

2 Likes