A RTP lembra o portugués galeguista que loitou pola República

Graciano era natural de Viana do Castelo, onde residía a súa familia, mais vivía na Estrada, onde traballaba como xornaleiro e canteiro. Membro do PCE, foi acusado de galeguista e comunista e internado no campo de concentración da Illa de San Simón. Posteriormente foi xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte e executado o 28 de decembro de 1936 na mesma cidade, rexistrándose a morte a causa de “colapso cardíaco”.​

A historia foi recuperada pola RTP coa colaboración de Dionisio Pereira, que ten publicado unha obra na que afonda na historia dos portugueses na Galiza, ‘Emigrados, exilados e perseguidos. A comunidade portuguesa na Galiza (1890-1940)’, na editorial Através.

No documental da RPT, titulado ‘A guerra também foi nossa’ (programa Linha da Frente, emitido o 19 de novembro), Pereira cifra en 370 as persoas de nacionalidade portuguesa residentes en Galiza que foron represaliadas de diferentes maneiras, das cales 68 foron asasinadas.

Cá podem olhar o documentário http://www.rtp.pt/play/p2231/linha-da-frente

3 gústame

notícia no Sermos GZ