O domingo 30 de outubro as vellas minas de Sanfins (Lousame) acollerán ás 11 horas unha homenaxe -organizada por CNT Galiza e a Sociedade Histórica e Cultural Coluna Sanfins- aos mineiros que en 1936 combateron durante días contra o alzamento fascista, xusto no ano no que se conmemora o 80 aniversario daqueles feitos.
“Non desexamos lembrarnos do pasado para doernos dos padecementos das persoas que sufriron a represión franquista, senón para remarcar os ideais e os combates que fixeron deles homes e mulleres perseguidas. Para erguer tamén a súa memoria como exemplo das posibilidades do traballo mancomunado de homes e mulleres a prol dunha nova organización social”, destacan. as organizadoras
3 Likes