Entre as súas conclusións, Quian subliña que “WikiLeaks propón no campo dos medios de comunicación un novo modelo de organización en rede e transnacional que modifica radicalmente os procesos de produción, xestión e difusión da información, artellando unha rede de fontes protexidas pola alta tecnoloxía e enlaces seguros coas comunidades xornalística, científica e activista para que os datos e a información flúan libremente e se transformen en coñecemento e acción”. Segundo o investigador vigués, neste sistema “o xornalista goza de plena liberdade e autonomía” para traballar.
2 Likes