A portavoz popular, Marta Rodríguez Vispo defendeu a “liña fría” porque é un modelo que conta con todas as garantías sanitarias

Tereixa Paz pide ao goberno que non se implante a “liña fría” no servizo de cociña do CHUO

A deputada lamentou que a portavoz popular non se pronunciara contra a privatización do sistema liña fría e anunciara o voto en contra á iniciativa nacionalista cando en Navarra, o modelo está a ser revisado, non só por ter detectado diversos problemas na alimentación senón porque resulta máis económico, entre 2,5 e 3,5 M€, a través do servizo público.