Cuba foi unha das primeiras colonias onde chegan as persoas capturadas en África. A poboación orixinal, de caracter amistoso segundo parece e indica o total exterminio que sofre, estaba formada por arredor de 300000 persoas organizadas en 3 grupos principais: os guanatahabeies e siboneies (non ceramistas) e os taínos (ceramistas).
Hai constancia, segundo Fernando Ortiz, de que os primeiros terían sido desembarcados na illa pola volta de 1518, chegados cando aínda se podían “importar libremente”, ou coas primeiras licenzas concedidas, caso máis probabel, pois foi en 1517 cando o marido de Sabela de Portugal, 
Carlos de Gent, asinou os primeiros permisos…
As persoas secuestradas, unha vez na illa, eran clasificadas coma:
“Bozales” ou “de nación”, nascidos en África e non falaban castelán.
“Bozalones”, que o falaban mal.
Os “ladinos”, que collían o título cando aprendían a lingua dos “amos”.
Os “criollos” xa eran nascidos na illa, e cuxos netos xa eran elevados a “relollos”.
Os “mulecones”, que eran mozotas/es aptas para o explotación dura, chamados “muleques” cando estaban a ser treinados, apenas adolescentes.
Houbo tamén “emancipados”, que foran aqueles capturados por un barco inglés autorizado a entrar na Habana e postos logo baixo a protección do capitán xeral da cidade. Logo de varios anos en traballo forzoso, eran liberados.
Outra categoría eran os “coartados”, que tiñan unha liberdade parcial que pagaba ao amo cos aforros propios.
Máis sobre os pobos orixinarios? Vexa aquí -> https://www.ecured.cu/Aborígenes_de_Cuba