A chicken called president. Por unha Galiza bilingual soltada

el era un pitiño cairo / se chamaba devesa
e tiña as patas topinas / a crista arrichada e tesa

nacera nun galiñeiro / feito de taboas e paus
amaba ós pitos de granxa / odiaba ós propios irmaus

non era de sospeitar / que pito tan desmedrado
poidera chegar a ser / un galo forte e barbado

pero puxo tal empeño / en poder selo primeiro
que chegou mesmo a comer / as taboas do galiñeiro

el mandaba e galeaba / non respetaba a ninguén
creíase o rei do mundo / e so miraba o seu ben

e cando o galo devesa / andaba mais valentón
sua ama tomou o acordo / de convertilo en capón

adeus gozo adeus poliñas / adeus mando a valentía
con todo o galo devesa / inda non aprendería

foi el sempre tan teimudo / buscou o xeito e maneira
de poder mandar nos outros / e reinar na capoeira

para someter ós colegas / uns catro ou cinco capóns
aproveitou a lei d’hont / e convocou elecciós

e puxo na propaganda / eu son galo coma ti
e para poder medrar / has ter que botarme a min

presidindo a capoeira / e mandando nos demáis
servia ben ós seus amos / para poder medrar el máis

pro de nada lle valeron / manganchas e pillerías
cando veu a matachina / para rematar os seus días

enton o ex-galo devesa / que foi gran fornicador
escomenzou a chorar / e dixo con gran paixón

vinde galos e galiñas / salvade a miña semente
que se falta a miña raza / non sei que será da xente

Manuel María

Musicado polo Mini

1 Like