100 anos do Seminario de Estudos Galegos

O traballo destes intelectuais contribuíu a posicionar o noso idioma nunha situación de prestixio. É dicir, a de lingua de divulgación que se empregaba de xeito sistemático na academia, algo que non acontecera ata a fundación do SEG. Así mesmo, a institución contribuíu a internacionalizar, de novo, a Galicia e o galego, ao conectalos coas grandes correntes científicas dos anos 20 e 30.

1 gústame