19votadas

As seleccións galegas de fútbol gaélico disputarán o Mundial en Abu Dhabi

Os combinados masculino e feminino xogarán a competición oficial con pleno recoñecemento, con Arxentina, Suráfrica e Golfo Pérsico, Italia, Francia ou a India como adversarios.

13votadas

A política mistura-se de novo com o deporte ao chegar Louzán à Federação Galega de Futebol

O actual presidente da Deputação de Pontevedra e do PP de Pontevedra foi eleito novo presidente da FGF logrando assim um Hattrick de cargos.

11votadas

Neste 2014 celébrase o centenario da creación da Unión de Pescadores A Alianza Mariñeira

Memoria Histórica de Marín organiza unha charla sobre a Alianza Mariñeira, impartida polo investigador Celso Milleiro Sánchez, a partir das 20 horas na Biblioteca municipal. A Asociación busca con este acto "lembrar os veciños da vila vítimas do Levantamento Militar" e "especialmente os mariñeiros que loitaron dentro das organizacións por mellorar as súas condicións de vida", sendo este colectivo "o máis perseguido e represaliado". Algúns dos dirixentes da primeira época morreron antes de 1936, pero outros, como Román Landín ou Urbano...

10votadas

As pessoas com doenças mentais não são mais violentas

"Como representante das persoas con transtorno mental e das súas familias" a Confederación FEAFES amósase "enormemente preocupada" por que, "ante acontecementos violentos ou de difícil explicación, tanto autoridades políticas, fontes policiais e medios de comunicación" dean en "trasladar a idea de que a motivación deste lamentable suceso se deba a que o autor presentaba un problema de saúde mental". En casos coma este, explican, "resulta imposible que horas despois do accidente se poida ter un diagnóstico psiquiátrico do autor dos feitos".

12votadas

Os Oliventinos ganharam o direito para que Portugal lhes entregue o passapote e B.I. português

Em Olivença/Olivenza , já se pode ter dupla nacionalidade: a Espanhola e a Portuguesa Agora os cidadãos de Olivença podem requerer a cidadania portuguesa, desde que tenham nascido em Olivença ou tenham ascendência paterna ou materna originária do município, sem perderem a espanhola. 80 vizinhos de Olivença lograram já ter o seu bilhete de Identidade português

12votadas

Ernesto V. Souza: 'A Galiza como Tarefa'

Poucos povos haverá na Europa que tenham uma história tão longa e rica em factos como o galego e que ao mesmo tempo fossem obrigados a viver na modernidade numa constante de alheamento, de desinteresse pela cronologia e pela história pátria. Por isso a nossa História, as achegas dos historiadores, são incompletas. Limitam-se, as mais a momentos, feitos e episódios isolados, protagonizados por galegos, a serviço de qualquer Rei, de qualquer projeto nacional. Porém não são História da Galiza: são histórias de galegos e galegas.

 2 comentarios en: Cultura, Estudos karma: 83
12votadas

Fernando Branco_ É simplista termos unha tarifa eléctrica galega? [opi]

O propio PP non lle fai ascos a tarifas diferentes, mais no sentido contrario do solicitado polos galegos. Recóllese en 2 artigos a posibilidade –aínda por desenvolver-, de crear suplementos territoriais por valor dos impostos autonómicos á actividade eléctrica. Como só se poden crear impostos onde hai esta actividade –que non é neutra nin ambiental nin socialmente-, e en Galiza si existen, significaría que en Galiza teríamos que pagar un suplemento territorial e en Madrid, que é deficitaria en electricide en máis dun 90%, non...

9votadas

Aspiramos- MGS (Video proxectado na nosa II Asemblea Nacional) vídeo

O Movemento Galego ao Socialismo (MGS) apresenta o video proxectado na clausura da nosa II Asemblea Nacional, que recolle o poema de Roque Dalton "as aspiracións (mínimas e urxentes) dun leninista latinoamericano" traducido ao galego.

6votadas

Farruco Sesto: Venezuela dende dentro [opi] vídeo

Farruco Sesto (Vigo, 1943) é arquitecto, profesor universitario, escritor e político. Ministro en Venezuela en diferentes áreas durante a etapa presidencial de Hugo Chávez, emigrou dende Galicia ao país latinoamericano con 18 anos. A súa experiencia política inclúe os ministerios de Cultura, Vivenda e Transformación Revolucionaria, logo dunha vida enteira de implicación co seu entorno. Esta entrevista foi realizada o 22 de abril deste ano, no marco da Semana Galega da Filosofía de Pontevedra...

Chuza