10votadas

Consulta sobre o futuro político de Lousame

A consulta do 9N chega a Lousame. O Partido da Terra de Lousame vem de pôr em andamento a sua própria “Consulta sobre o Futuro Político de Lousame”. Durante os últimos anos especulou-se sobre o futuro político do município de Lousame e sobre a sua possibilidade de continuar, como até o de agora, como município independente, ou ser anexado por Noia seguindo as pautas aprovadas polo governo do Partido Popular na “Ley de Racionalización y Sustenibilidad de la Administración". Esta consulta é a última oportunidade para Lousame se manifestar nisto.

19votadas

Audiencia Nacional declara ilegais os cacheos realizados a un preso galego no cárcere de Topas

Carlos C. Varela, en prisión preventiva desde setembro do 2011 e pendente de que o Tribunal Supremo revise a sentenza que o condenou de xeito provisional a 12 anos de prisión o pasado mes de maio, foi obrigado a espirse diante dos funcionarios do cárcere de Topas en 17 ocasións. A Audiencia Nacional advírtelle a Institucións Penitenciarias que ditas medidas son ilegais, inxustificadas e innecesarias

9votadas

Lugo_A xuíza ordena o ingreso en prisión de Jorge Dorribo

Segundo fontes do xulgado de Lugo, sería o incumprimento das medidas cautelares que lle impuxo a xuíza. Actualmente estaba de tendeiro en Vila Nova de Cerveira canda a familia da casa, anunciándose no tubo. O fiscal solicitaba hai uns días 24 anos para el e 9 para o pablo Cobián, ex-deputado do PP, e 2 para o ex-director xeral do IGAPE. Máis sobre o caso : laopinioncoruna.es/galicia/2014/11/05/jorge-dorribo-exconcejal-oleirosl

11votadas

O Palament de Catalunya aproba a regulación dos Clubs de Cannabis

O parlamento catalán aprobou unha moción para normalizar a actividade dos Clubes de Cannabis. Todos os grupos parlamentarios a excepción do popular deron este xoves o visto e prace á moción defendida por ERC que pon as bases para regular as asociacións cannábicas catalás. Unha vez aprobada a folla de ruta, os deputados fixáronse agora…

36votadas

Nacionalismo espanhol: Francisco Vázquez, Blanco Valdés e Gloria Lago lerán manifesto contra a consulta do 9N

Organización nacionalista espanhola "Libres e iguales" organiza leitura simultánea de manifesto ultra en capitais de provincia e cidades do Estado espanhol. No que atinxe a Galiza a ‘representación’ está composta por Francisco Vázquez, ex-alcalde socialista; Roberto Blanco Valdés, catedrático de Dereito Constitucional; Gloria Lago, de Galicia Bilingüe; o empresario Jacobo Elosúa e o jornalista Francisco Rivera, pai da escritora Marta Rivera de la Cruz. A lista de participantes no estado non ten desperdicio.

19votadas

Anxo Quintana: "Há uma maioria social na Galiza que está orgulhosa de ser galega" vídeo

Fragmento da entrevista nos Almorzos de Galicia por Diante da Radio Galega a Anxo Quintana o xoves 2 de outubro de 2014

27votadas

En liberdade con cargos dous estudantes detidos en Compostela

As detencións se produciron por volta das 11.00 horas no caso de M.A. militante de Xeira e arredor das 16.00h no caso de A.C, militante de Briga. Ambos os dous mozos independentistas chegaron aos xulgados de Fontiñas (Compostela) entre as 17.00 horas e as 17.45h. onde se concentraba un grupo de persoas para amosar o seu apoio e solidariedade cos detidos. Segundo foi difundido polos vozeiros da policía as razóns da detención estarían relacionadas cos protestos na Facultade de Matemáticas coincidindo cunha visita de Alberto Núñez Feijóo

23votadas

A denuncia da trama dos cursos falsos á que ninguén fixo caso en 2010

Nin na UE, nin na Fiscalía, nin no Ministerio de Traballo nin, por suposto, na Consellería. Todos pasaron por alto as denuncias que o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, fixera en 2010 sobre as irregularidades na concesión de subvencións públicas para cursos destinados a desempregados que acababan por cantidades millonarias en "empresas amigas do PP" e, nomeadamente, nas do principal imputado na operación Zeta, Gerardo Crespo.

10votadas

Primeiro presidente branco na África subsariana desde o fim do apartheid

Há 20 anos que não havia um chefe de Estado branco na África subsariana. Voltou a existir, desde ontem, na Zâmbia, onde Guy Scott é muito popular. Guy Scott vai ser presidente da Zâmbia por 90 dias. O facto de os pais terem nascido no Reino Unido impede este economista de 70 anos de se apresentar às eleições em que será escolhido o sucessor de Michael Sata, de 77 anos, falecido ontem num hospital de Londres, de causa não relevada. Sata foi democraticamente eleito em 2011, após uma longa carreira política iniciada nos anos 60.

15votadas

Lobo Antunes: "Gostaria que a Península fosse uma república federal"

Escritor português subscreveu manifesto por referendo na Catalunha e defendeu "uma república federal" ibérica. Para o escritor a realização de um referendo na Catalunha é uma iniciativa normal e própria de um povo que "em 1640 foi reprimido pelo rei Felipe IV de forma mais resoluta quando este teve que optar entre duas rebeliões: a da Catalunha e a de Portugal". Daí que, diz, "seja normal o desejo de alguma independência por parte deste povo" e que não veja problema na realização de um referendo.

17votadas

O escándalo de Lugo abre unha fenda na lei do silencio sobre a carretaxe

...as persoas carrexadas, residentes do asilo das Hermanitas de los Ancianos Desamparados, "carecían de capacidade para comprender e decidir o sentido do seu voto" por padecer doenzas como o alzhéimer ou demencia, entre outras, segundo acreditan informes forenses do Instituto de Medicina Legal de Galicia. Os médicos, como recolleu El País, mesmo chegaron a certificar que algunhas destas persoas nin sequera son quen de lembrar que fosen votar e, moito menos, que opción política prefiren. Malia estas evidencias...

17votadas

IX Marcha às cadeias

Oito anos após a primeira ediçom deste protesto, desde a Associaçom de Familiares e Amizades d@s pres@s polític@s independentistas Que Voltem para a Casa!, convocamos a todo o povo solidário a umha nova jornada de viagem reivindicativa em favor dos direitos humanos d@s nossos compatriotas dispersad@s, sem liberdade e sem direitos, por distintos cárceres da geografia estatal. Esta IX Marcha às Cadeiras decorrerá o dia 17 de Janeiro de 2015 e durante todo este tempo, a través dos diferentes meios, vos iremos informando das distintas Colunas...

Data: 17/01/2015
14votadas

A "indignación" actual é para defender os privilexios non para acabar co modelo que os produce

Juanma Agulles (Alacante, 1977) estivo en Compostela para tomar parte na XXII edición das Xornadas Libertarias organizadas pola CNT. Sociólogo, autor de varios ensaios de crítica social. É membro da revista de pensamento crítico ‘Cul de Sac’ Falamos con el dalgunhas das cuestións que debulla na súa obra: sociedade industrial e a estratexia da seguridade, o límite da conciencia ou o novo ‘esquerdismo’ que agromou da man da ‘crise’.

16votadas

Manifestantes invadem Parlamento do Burkina Faso

Centenas de manifestantes invadiram o Parlamento do Burkina Faso para protestar contra a planeada mudança na Constituição que permitiria ao Presidente, Blaise Compaore, estender o seu mandato, que dura há 27 anos, por mais cinco. Cerca de 1500 pessoas conseguiram romper a barreira policial e entrar no edifício. Os manifestantes saquearam os gabinetes, incendiando documentos e roubando equipamento informático, e incendiaram carros no exterior do edifício.

19votadas

Kobane, entre o ISIS e o medo de Turquía a un Curdistán unido

Kobane constitúe un dos tres cantóns autónomos que conforman Rojava --ou Curdistán sirio: Afrin, Kobane e Djezireh. Habitada por volta dunhas 50 mil persoas antes de comezar o asedio, neste territorio convive poboación curda, árabe-musulmá e cristiá-armenia ou asiria. Desde a súa liberación, Rojava representa un modelo de democracia popular baseada na autoxestión dos seus tres cantóns e cun réxime de goberno alicerzado en asembleas populares, multiculturais e multirrelixiosas.

Chuza