13votos

La Voz-Pokémon, amizades perigosas

O alcalde Carlos Negreira parando a publicación de novas críticas no xornal coruñés, os currículos de supostos enchufes de La Voz na sede de Vendex...

28votos

A nova Irmandade TV negocia o salto á TDT e á televisión por cabo

Para o vindeiro período o proxecto xornalístico non só quer ampliar a súa oferta de contidos senón tamén os soportes en que poderá visibilizarse. Neste senso, a nova Irmandade TV está a negociar o seu salto a canles de TDT comarcais e tamén á televisión por cabo. As conversas avanzan, segundo confirman a Sermos Galiza, porén as negociacións aínda non están fechadas.

21votos

A xuíza sospeita que o PP se financiou ilegalmente a través de "La Región"

De Lara pide as facturas que Telemiño e Planos lle emitiron ao partido, ao presidente da Deputación e ao vicepresidente do Parlamento. Baltar fillo bótalle a culpa da investigación ao ex-xerente. No "elaborado" sistema fraudulento as empresas que pagarían serían as diretamente implicadas na presunta corrupción de políticos, Sermasa e Aquagest (agora coñecida como Viaqua). Os cartos chegarían aos conservadores a través da axencia publicidade Planos, unha das máis potentes de Ourense, e Telemiño, a televisión local propiedade do xornal.

24votos

Amnistia Internacional lança software contra vigilância a activistas e jornalistas

A Amnistia Internacional anunciou nesta quinta-feira o lançamento de um programa gratuito em código aberto para que activistas dos direitos humanos e jornalistas possam saber se os seus computadores estão a ser alvo de vigilância por software que a organização afirma ser usado por alguns governos para aceder a informação. Amnistía Internacional lanza software contra a vixilancia de activistas e xornalistas Amnistía Internacional ven de anunciar este xoves o lanzamento dun programa de balde con código aberto para que activistas...

36votos

Xurxo Souto, Premio Ondas de radio 2014 á mellor cobertura informativa

O programa PONTE...NAS ONDAS! desenvolvido por Xurxo Souto é unha experiencia educativa que se vén desenvolvendo desde o ano 1995 grazas á cooperación entre escolas de primaria e secundaria da Galiza e o Norte de Portugal, coa participación de centros educativos doutros países.

37votos

Arquivada a causa contra três militantes de AMI polo vídeo “Vilingüismo”

A sección 5ª da Audiencia Nacional de Pontevedra deu por sobresido e fechado o caso aberto en 2008 contra tres militantes da AMI pola creación de ‘Vilingüismo’, un desenho animado no que se denunciaba a espanholización lingüística da mocidade galega. O trabalho impulsado pola AMI centraba a súa denuncia en Galicia Bilingüe, que a raíz da difusom do trabalho, apresentava umha denúncia na Comisaria de Vigo ao entender que o documentário incitava a agressons contra os membros da associaçom galegófoba.

12votos

FlightRight: Indemnizaçom por retrasos e cancelações de voos

Em virtude do Regulamento da UE 261/2004, os passageiros aéreos podem cobrar umha indemnizaçom das aerolinhas por problemas experimentados nos 3 últimos anos. Para poder optar a esta, o seu voo deve estar operado por umha linha aérea regulada pola UE. Quer dizer, que saiga de cualquer aeroporto dentro da UE numha linha aérea distinta, ou voe cara a Europa com umha aerolinha com base na UE. O serviço flightright ajuda-lhe na gestom da sua indemnizaçom.

24votos

"Propomos que moreas de galegos e galegas se fagan propietarias de Irmandade TV"

Após un ano do seu lanzamento á rede, e convertida en asociación, Irmandade TV encara unha nova etapa através dun proceso de capitalización co que dotaren de medios económicos, materiais e humanos este proxecto audiovisual. O seu obxectivo é procurar unha maior "profesionalización" e introducir "unha programación semanal".

33votos

Xornalixo: La Voz tamén “estivo a piques” de ser xornal pero quedou en papel hixiénico

Había dura competencia nas fachadas xornalísticas. A cantidade de merda que levan hoxe o ABC ou La Razón converten os quioscos e librarías do país en pequenos Bens. Pero La Voz agasállanos (e sen cupóns!) para as #GrandesMerdasEnmarcadas unha obra mestra da inmundicia, unha non noticia a tres columnas, un “peido pintor” xornalístico.

9votos

Castilla_ A quen queres máis? [cas] imagem

Medida gráfica das portadas dos principais xornais do país veciño logo da morte dun dono da débeda e doutro cliente importante.

25votos

La Voz de Galicia tira os nosos cartos cunha felación

Aquí tenhen un exemplo de para onde van os cartos que chucha o jornal "La Voz de Galicia" (os nosos cartos). A atención e coidado da lingua da Galiza fican plasmados nunha traducción automática dun jornal que leva moreas e moreas de cartos cada ano coa escusa de promover a cultura e a lingua do país, que rematan sendo cartos para a promoción do castelhano e unha image para-espanhola. Ou Barreiro Rivas promovendo o sexo oral e a estética leather. Vía chío do miguelo --> chuza.gl/chios/13258

18votos

Apoiarías un cinema cooperativo con libraría no centro de Compostela?

Un cinema, unha libraría e un laboratorio de deseño, comunicación e produción audiovisual. Somos unha cooperativa de traballo asociado sen ánimo de lucro formada por persoas procedentes de diversos ámbitos da creación e difusión cultural que decidimos colaborar para facermos xuntos o que estamos afeitos a facer por separado. Artigo no Praza -> ir.gl/703ef1

33votos

Nace Vigo Dixital, un medio de información local totalmente en galego

A información é un dereito fundamental porque é a base indispensábel para a toma de decisións. A actual oferta informativa local, condicionada polos patrocinios públicos e privados, remata por ser un factor limitante da xa ultraprecaria democracia formal. O silenciamento de toda voz crítica, quer co poder institucional quer con grandes empresas, é máis unha forma de censura asfixiante. O servilismo a cambio de subvención ou publicidade, acaba por converter a información nunha mera mercadoría e nun instrumento ao servizo da domesticación social.

17votos

A división azul e os soldados sublevados com franco,entre os temas premiados nos prémios Ejército 2014

Um ano mais soube-se o resultado dos prémios Ejército 2014. Entre os premiados. "Regreso a Casa", apresentado em homenagem aos soldados da División Azul. "Soldado Nacional" apresentado em homenagem aos soldados firmes com Franco.

28votos

La Voz e Faro baixan en torno ao 20% en tres anos

Tras a leve redución do ritmo da caída de ventas esta primavera, o verán comezou con datos preocupantes para os dous principais xornais galegos en papel, segundo a auditoría do OJD.

« anterior12345...53» seguinte

Chuza