13votadas

N.H.U., Premio Honorífico dos II Premios Martín Códax

Músic@s ao Vivo concederá este ano o seu Premio Honorífico a N.H.U., un grupo dos anos 70 cuxo único disco de rock progresivo en galego segue a ser obxecto de culto. A gala de entrega dos segundos premios galegos da música celebrarase o 17 de decembro en Pontevedra e podes ver finalistas aquí: musicosaovivo.com/articles/view/357

Data: 17/12/2014
 1 comentarios en: Cultura, Música karma: 114
19votadas

Carta aberta do Castañazo de Chantada a prol dunha Liga de Cantos de Taberna

A Asociación Cultural O Castañazo de Chantada fai pública unha carta dirixida a todos os colectivos e asociacións que organizan Concursos de Cantos de Taberna no país. Os organizadores do Castañazo Rock formulan a posibilidade da creación dunha Liga Galega de Cantos de Taberna. Trátase dunha proposta aberta, un convite ao diálogo co obxectivo de poder artellar esa Liga de cantos tabernarios.

 1 comentarios en: Cultura, Música karma: 109
13votadas

Ricardo Cascalhar: «Língua Nativa pretende criar um vínculo entre o público galego e artistas em português»

Ricardo Cascalhar, artisticamente conhecido como Deloise é sócio da Pró-AGLP e agora está imerso no projeto Língua Nativa, uma nova editora galega de música independente que vai lançar o seu primeiro projeto o dia 15 de dezembro deste ano, projeto ao que queremos desejar a melhor das sortes. Língua Nativa será uma editora na Galiza só a editar artistas de língua portuguesa, compreendendo o galego como parte da mesma. O projeto não foi algo premeditado, mas « uma descoberta baseada na minha própria experiência pessoal.

 sen comentarios en: Cultura, Música karma: 102
8votadas

Discoplay. Aconteceu onte imaxe

No pasado século, cando a era do papel, tamén había tendas virtuais, mais nada teñen que ver co que hoxe imaxinamos. Cada mes, logo de "logearse" chegaba ás casas un fancine coas capas dos vinilos, logo cd´s, e tamén camisolas, bandeiras, chapas, e outras moitas cousas. Se non o podías mercar, podías mirar, iso si.

11votadas

O arquivo de Dorothé volve ao pobo

Durante cinco anos camiñou polas aldeas para recoller a nosa cultura musical popular. Corría o 1978 e a imaxe dunha musicóloga suíza na busca de cantigas non pasaba desapercibida. Agora Dorothé Schubarth doa o seu arquivo ao Museo do Pobo Galego. Dorothé Schubart foi este verán protagonista da primeira edición do Día das Galegas nas Letras, unha celebración ideada polas promotoras da plataforma de crítica feminista A Sega que congregou na Estrada centos de mulleres que destacaron o labor na nosa cultura da musicóloga suíza.

10votadas

Guadi galego - Matríarcas vídeo

Primeiro video clip extraído do novo disco de GUADI GALEGO "LUAS DE OUTUBRO E AGOSTO", á venda o 25 de novembro de 2014.Guadi Galego, unha das artistas máis relevantes da escena musical de Galicia, presenta "Lúas de outubro e agosto" o seu segundo traballo como solista tras o álbum Benzón, que se publicou en 2009.A traxectoria musical de Guadi Galego é moi intensa e rica, foi voz principal e gaiteira do grupo Berrogüetto, tamén formou parte como intérprete e compositora dos interesantes proxectos colectivos: Nordestinas, Espido e aCadaCanto

7votadas

50 cancións sobre sexo (e II)

2ª parte. Outras 25 cancións sobre sexo.

12votadas

A mais importante feira profissional de músicas do mundo chega a Galiza

WOMEX 2014, do 22 ao 26 de Outubro, em Compostela: a 20ª WOrld Music EXpo é organizada por vez primeira na Galiza, baixo a direção artística de Budinho, para gozarmos das tendências sonoras doutros países, e numerosas produtoras culturais internacionais descobrirem a música galega.

Do 22/10/2014 ata o 26/10/2014
16votadas

Xabier Díaz: “Conformei a miña personalidade musical cantando na aldea, en contacto coa xente”

Non cantaba especialmente ben. Comecei dun xeito máis ou menos tardío e creo que a miña personalidade cantando conformeina na aldea, tendo moito contacto directo coa xente que cantaba, e iso si que é algo moi complicado de transmitir nas aulas. Procuramos facelo, pero é complexo. É como se, dalgunha maneira, estivese en contacto coa raíz da árbore, coas mans tocándoa, e fose moi consciente do que era aquilo para poder perseguilo. Ademais… cantei moito. Sobre todo en Xacarandaina, con moitos amigos como Quique, Álex… a todos nos encantaba cantar

11votadas

Outono Festival 2014

Unha cita ineludible para os e as amantes do soul, blues, rhythm & blues, rock and roll... Lendas da música, o mellor do panorama internacional e 3 grupos galegos.

9votadas

Ouvir as árbores vídeo

No disco "Years" de Bartholomäus Traubeck traubeck.com/ recóllense 7 gravacións da música que dan de si os aneis que marcan a idade das árbores, aneis que varían a sá forma segundo a forza coa que medran, o groso que desenrolan e as medras.

13votadas

As Gale-Ghás máis Pikaras vídeo

O FestiVal das Brétemas de Ponteareas quere amosar todo o seu apoio á causa feminista e especialmente ao traballo de difusión, dinamización e concienciación da revista Pikara Magazine. Para elo facemos o mellor que sabemos facer... pasalo ben sen esquecer a luita polas causas xustas. Na luita ou na festa o machismo sempre apesta! Avante Pikaras!

17votadas

Festa en Meira polos 30 anos de música co grupo A Quenlla

A Irmandade Manuel María e Xermolos organizan esta homenaxe que contará coa presenza de varios grupos de música e que se desenvolverá o domingo 21 de setembro en Meira.

Data: 21/09/2014
 1 comentarios en: Cultura, Música karma: 105
22votadas

Os galegos da Arxentina tentarán bater o récord mundial da muiñeira máis grande. (CAS)

No marco do acontecemento ‘Bos Aires Celebra Galicia’ máis de 600 bailaríns cos seus traxes tradicionais e 300 músicos representando a institucións galegas radicadas en Bos Aires, La Plata, Mar del Plata, Córdoba, Rosario, Santa Fe, Puerto San Julián, Chile e Uruguai interpretarán a ‘Muiñeira de Chantada’.

 5 comentarios en: Cultura, Música karma: 119
18votadas

Monte Alto prepárase para a festa

As festas do barrio terán lugar os días 5 e 6 de setembro con actividades na praza de Marte e no campo da leña. Os grupos galegos Ulträqäns e Nao serán os pratos fortes dos festexos, tamén inclúe a organización no campo da leña dunha feira de artesanía e artigos de segunda man. Alén disto, os máis pequenos poderán gozar dos xogos populares e os contacontos, ao tempo que haberá espazo para o coro Cántigas da Terra e para a compañía de teatro Noites de Bohemia, do IES de Zalaeta

« anterior12345...47» seguinte

Chuza