21votadas

Xenebra de mirabel.Dende Galicia ao mercado mundial

A destilaría galega Pazo de Valdomiño acaba de realizar o lanzamento no mercado internacional da primeira xenebra elaborada a partir do destilado do mirabel, un froito autóctono da zona Do Rosal.Un proxecto de investigación e desenvolvemento que culminou nun destilado da froita de mirabel e as lías de albariño combinado con xenebreiro e outros catro elementos botánicos, entre os que se encontra a flor de toxo local

16votadas

Agenda Labrega Galega 2015

A primeira parte da Agenda Labrega Galega deste 2015 está dedicada a alguns dos principais cultivos do nosso país, com fichas que recolhem a informaçom fundamental sobre os tempos, o tipo de solo, o lugar na rotaçom, os marcos de plantaçom, os labores básicos e os principais problemas que podem apresentar-se no cultivo da pataca, do tomate, do pimento, da cebola, da cenoura, da alface, do repolo, das nabiças e grelos, do feijom e do alho.

10votadas

Beluso_ Restauración da Salgadeira de Mourisca imaxe

Dende aquí queremos destacar e premiar o labor dos propietarios, unha iniciativa que se pode resumir perfectamente nunha frase dos donos: "No fondo isto é unha loucura, unha iniciativa na que nos embarcamos por afinidade arquitectónica e porque vemos este salgadeiro coma unha xoia". O dito, todo un exemplo. Nesta pequena entrada pretendemos amosar con imaxes o estado actual da antiga salgadeira de Mourisca, sita en Beluso (Bueu) trala finalización da súa primeria fase de recuperación.

30votadas

O PP pon exemplo da gestão do ‘Prestige’ feita polo Estado para negar a transferencia de salvamento marítimo a Galiza

A portavoz do Partido Popular, Paula Prado, anunciou o voto en contra da proposición de lei do BNG defendida por Daniel Rodas esta terça feira para reclamar o traspaso de competencias a Galiza en materia de Salvamento Marítimo e loita contra a Contaminación Marinha. A portavoz do PP explicou que a negativa é por entender que resulta máis efectivo que as competencias en materia de salvamentos marítimo e loita contra a contaminacións sejan responsabilidade do Goberno central, “ como se demostrou no accidente do Prestige”.

16votadas

Desaparecidos dous tripulantes dun barco galego que se afundiu en France

En concreto, o barco, con base no porto de Celeiro, en Lugo, afundiuse na noite deste sábado, a 35 millas de Donostia. No momento do afundimento, no barco había un total de seis tripulantes, dos cales catro foron rescatados por un pesqueiro galego que estaba na zona -Os Merexos-, segundo relataron á axencia Europa Press fontes de Salvamento Marítimo. Estes catro tripulantes atópanse en "bo estado".

11votadas

A baixura costeira segue mollándose

Centeas de mariñeir@s de toda a zona concentráronse no porto de Corcubión para manifestar o seu rexeitamento ás políticas de apoio ao arrastre das administracións, e en defensa da pesca sostibel. Un colectivo, o da pesca artesanal, que dá traballo máis que ningunha outra arte, unha das claves para refrendar esta loita. Isa empregabilidade non se corresponde co reparto das cotas.

22votadas

Que non nos rouben os nosos montes

Centos de persoas manifestáronse este sábado en Compostela en contra da privatización do montes comunais. A Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común (ORGACCMM) e a Federación Rural Galega (FRUGA) convocaron esta manifestación apoiada, entre outros, polo BNG e AGE para demandar unha fiscalidade propia para as comunidades de montes e a condonación das “falsas e inxustas débedas” que lles atribúe a Xunta e que, alertan, poderían forzar unha privatización da xestión de moitos destes montes.

13votadas

'O pequeno é grande. A agricultura familiar como alternativa: O caso galego' [Livro]

Este é um ensaio que aspira a ser um ponto de partida, nom de chegada. Os professores Carreira e Carral procuram respostas para as perguntas chave: Quem habita hoje o meio rural galego? Quais som os diferentes tipos de explorações agrárias galegas na atualidade? Qual é o papel da agricultura em pequena escala? No século XXI, o minifúndio continua a ser um problema para o desenvolvimento agrário da Galiza ou, de alguma maneira, é umha agricultura de precisom e fornecedora de serviços à sociedade, feita, isso sim, com base num enorme esforço?

29votadas

O profesor que trouxo a Galiza a froita que sabe a gloria

Un exemplar mestre de escola, José Sánchez García, legounos un pequeno milagre: o mirabel. Este froito emparentado coa ameixa segue a ser unha rareza en toda a Península Ibérica. A súa produción restrínxese a Galiza, concretamente ao Baixo Miño. É moi popular nas rexións fronteirizas entre Alemaña e Francia. E ten a consideración dunha auténtica delicatessen no mundo das froitas. Pero aquí aínda sería un perfecto descoñecido se non fose polo traballo dun profesor que rematou fundando unha marca de calidade lendaria: A Rosaleira.

12votadas

IX Foro por um Mundo Rural Vivo a celebrar em Mondonhedo

A Plataforma Rural, aliança de nível estatal por um meio rural vivo, celebra o seu encontro de 2014 na Galiza, em Mondonhedo, do 24 ao 26 de Outubro. Organiza Sindicato Labrego Galego.

Do 24/10/2014 ata o 26/10/2014
21votadas

Pola recuperación da Ruta do Río dos Muíños do Monte Pindo imaxe

Ruta do Río dos Muíños, que percorre o Chan das Lamas saíndo entre Quilmas e Panchés. É unha ruta pequena, de menos de 1,5km. O nome vaille ao pelo, pois seguindo o rio ata a desembocadura na praia de Carreiroa, hai un total de 19 muíños, un deles practicamente na praia. Cóntanos Quino que “a ruta é ben bonita. Case todo o camiño ten o ancho para pasar un coche, que dá a impresión de que se fixo fai poucos anos cunha retroescavadora”. Pero a día de hoxe, “o problema é que está impracticable debido aos toxos ...

22votadas

O leite galego é dos pior pagados de toda a Unión [cas]

Só (Lituania) Lietuva, România, (Letonia) Latvija, (Polonia) Polska, (Estonia) Eesti e (Hungría) Magyarország acadan prezos máis baixos ca nós, que cobramos 4,6 €. menos da media europea por cada 100 kilos de producto. O importe percibido é de 32.7 €/ 100 Kg. O máis cativo é o da Lietuva con 26.1 €, e o meirande dase en Kibris/ Cyprus con 54.6 €.

36votadas

Ence desenvolve fumigacións experimentais con agrotóxicos en Pontevedra, A Mariña e A Coruña

Xunta e Ministerio autorizan a pasteira a fumigar con MAVRIK-10, un insecticida/acaricida experimental no tratamento de eucaliptos, que podería ser prexudicial para as abellas, denuncia Adega. A autorización da Xunta e do Goberno español exténdese até outubro e desde a asociación ecoloxista denuncian que "52,3 toneladas deste composto insecticida van ser ou foron xa esparexidas por parcelas da Mariña e Ferrolterra, entre outras, nalgúns casos sen respectar as restriccións de aplicación" como "non fumigar a menos de 100m de masas de auga.

27votadas

Xunta e patronal pasteira ensaian fumigacións con novos químicos nos montes galegos

Pretenden fumigar 17.457 ha de eucaliptos na Coruña, Lugo e Pontevedra con tau-fluvalinato 10%, grazas a un permiso excepcional do Ministerio. Este tóxico, en combinación con outros ten tamén amosado efectos nocivos sobre as abellas.

12votadas

Noocity_ Uma horta urbana com sistema de auto rega por sub-irrigação

Artigo -> ir.gl/b6f3d5 Noocity: estas hortas só precisam ser regadas a cada 15 dias. Neste momento o público-alvo da Noocity são hotéis, escolas e restaurantes. A estratégia da marca prevê projectos pedagógicos com escolas e restaurantes, que estão a ser iniciados neste momento. “Uma horta na minha escola” é o nome da iniciativa da Noocity que visa a criação de um trabalho didático com os mais novos. O projecto conta já com uma rede de financiamento colectivo para as escolas que queiram adquirir...

« anterior12345...45» seguinte

Chuza