27votadas

Sorpresa maiúscula ante a posibilidade de que o PP de Ourense sexa corrupto

Ninguén que vivira en Ourense podería pensar tal cousa. A xuíza Pilar de Lara está a investigar a 24 dirixentes do PP de Ourense e relaciónaos coa trama Pokemon. Esta noticia deixou consternada a unha provincia que acostuma a votar ao Partido Popular con ratios por riba do 50%. A Deputación de Ourense é unha das institución máis transparentes e o lugar onde aproban as oposicións as persoas máis preparadas. Xa dixera Fraga que os fillos dos políticos do PP eran os máis listos e estaban moi ben preparados

 sen comentarios en: Lecer, Humor karma: 94
11votadas

Viruca empoleirada [cas] imaxe

AI! Hai austeridade terribel na casa estranxereia do noso emigrante Mariano. Viruca, a dona, colga as bolas. Non hai quen sirva e vense na obriga de facer traballos impuros.

 3 comentarios en: Lecer, Humor karma: 78
26votadas

Charlie Sheen protagonizará a versión americana d’A Esmorga

A produtora da familia Estévez-Sheen negociou a compra dos dereitos da longametraxe galega e anunciou que comezarán a rodar a versión en breve. Como non podía ser doutra forma a fita estará protagonizada por un dos fillos de Martin Sheen, Charlie que virou famoso nos anos oitenta e noventa tras protagonizar ‘Platoon’ ou ‘Hot Shots’ entre outros numerosos filmes e que volveu saborear os laureis do éxito tras a súa presenza na sitcom de éxito ‘Dous homes e medio’.

 1 comentarios en: Lecer, Humor karma: 89
9votadas

Opositores do acordo ortográfico exigem que “fizeste” volte a ter hífen

O protesto foi liderado por Balduína Lelé, técnica oficial de contas, ativista anti-acordo e colecionadora de caricas. “Quere-mos poder escrever como aprende-mos”, explicou, escrevendo as suas declarações num caderno. As alterações trazidas pelo acordo ortográfico estão longe de ser unânimes e têm motivado protestos de intensidade variável, indo de simples comentários depreciativos a intifadas de bairro ou a casos de pessoas que passam a escrever com carateres cuneiformes como protesto.

 2 comentarios en: Lecer, Humor karma: 86
17votadas

"Sou mais de Podemos que os de Podemos" diz Alberte Nunes

Apos o conselho da Xunta de Galicia, seu presidente, Alberte Nunes, declarou que ele é mais de Podemos, que os de Podemos, por ter estes em seus membros a "gente burguesa". Alberte Nunes lembrou seu humilde origem e diz fazer parte da "gente comum a quem represento". Na mesma rondalha de imprensa o dirigente manifestou fonda preocupação por ser o único político galego que luta abertamente contra a corrupção. Na porta da sala jornalista de "Tempos Galegos" e espanhois de "El Mundo Today" disseram: "Ele está a quitar-nos o pão da boca"

 2 comentarios en: Lecer, Humor karma: 95
13votadas

Jordi Hurtado, unha liña que Artur Mas non está disposto cruzar

Filtracións internas do Parlament Catalán apuntan que as tensións orixinadas nos últimos días entren CiU e ERC veñen dadas por unha das liñas vermellas marcadas polo President de cara á celebración da consulta independentista. Nos últimos días, e a tan só unha semana da consulta, todo podería irse ao traste se as cúpulas de ERC e CiU non son capaces de chegar a un acordo con respecto a retrasmisión de Saber y Ganar no caso de que Cataluña se independice.

 sen comentarios en: Lecer, Humor karma: 80
20votadas

O PP proclama que a autovía da Ribeira Sacra "non toca a Ribeira Sacra"

Obviando viais xa operativos como a A-52 ou a A-6 o parlamentario popular resalta que a nova autovía é necesaria porque "suporá unha mellora a respecto da estrada N-120, que foi sempre a conexión principal da Meseta coa Galiza, tanto dende o punto de vista funcional" como "en canto a distancias do percorrido" e "comodidade e seguridade". "Abraiados" ante tal "descoñecemento absoluto" a respecto "do que se traen entre mans". Quen fala é Valentín Barreiros, voceiro da plataforma veciñal .

 1 comentarios en: Lecer, Humor karma: 92
24votadas

Botafumeiro Manifesto

Aquí non hai Cristo que faga país.O que hai é moito yeye presumindo de facer país, pero facer, o que é facer, os últimos que fixeron país en Galiza foron os suevos.Se polo menos tivésemos dúas dúcias de galegas e outras dúas dúcias de galegos facendo país de verdade, teríamos un país mais grande que Australía. INTENTÁRONO OS IRMANDIÑOS, PERO NON SE DABAN AS CONDICIÓNS. E xa case cinco séculos despois, no 36, volveron intentalo Bóveda ou Castelao. As condicións dábanse, e iso foi o malo, porque a Franco non lle gustaban as condicións e

 sen comentarios en: Lecer, Humor karma: 101
11votadas

En pallasos e pallasas Galiza é unha potencia

O Festiclown fai 15 anos. Moito mudaron as cousas dende aquel ano 2000 no que esta iniciativa botou a andar, primeiro en Pontevedra, dende o 2003 en Compostela e entre o 2009 e o 2011 en Vigo. Daquela, a crise económica e a retirada de apoios institucionais obrigaron a un cambio de modelo, apostando por unha programación multisede (nos últimos anos, distribuída por concellos como Rivas Vaciamadrid, Lugo e outros e tamén por afondar na internacionalización da proposta, que xa estaba en marcha. Palestina, México, Brasil, Sáhara...

 1 comentarios en: Lecer, Humor karma: 90
10votadas

Dúas persoas mortas e unha ferida leve ao tentar pagar una ronda nun bar de Ogrobe

O suceso acontecía o pasado sábado na península meca, cando un dos membros dun grupo se ergueu para pagar as copas do resto de persoas que ate ese momento compartían risas e conversas. Nese mesmo momento coma un resorte outras dúas persoas se levantaron berrando “esta pagoa eu” ou “aquí os teus cartos non valen…

 2 comentarios en: Lecer, Humor karma: 98
12votadas

A mellor nota ao pé imaxe

«Este capítulo podería chamarse "Introdución", mais ninguén le as introducións e queriamos que leses isto. Sentímonos seguros ao admitir isto aquí, na nota ao pé, porque ninguén le tampouco as notas ao pé.»

 sen comentarios en: Lecer, Humor karma: 97
12votadas

Aparecen pintadas manoleteiras en Miño imaxe

Os bos e xeneroxos sempre fican no corazón do pobo. Vïa twitter.com/joseghast/status/500339134184292352

 sen comentarios en: Lecer, Humor karma: 109
26votadas

Gardacostas fican pampos polo invento da norma para poñer a conselleira do mar de uniforme [cas]

De agora en diante, a conselleira pode aparecer vestida coa moda dos gardacostas e até galóns pendurados. A cousa empezou por unha denuncia sobre unha policía administrativa, funcionarios da Xunta, que vestían ilegalmente con uniforme e placa. A conselleira non quere ceder a razón, e doida, deroga entón a norma vixente e iguala a todo "sandiós", podendo ela mesma pendurar daquel sitio galóns dourados de 14 milímetros e todo. O funcionariado califica o feito digno de réximes totalitarios e de xentalla dos pisamantecas.

 1 comentarios en: Lecer, Humor karma: 94
41votadas

A Armada española estuda substituír o Juan Sebastián El Cano por unha planeadora

Despois de que tres mariñeiros do buque-escola "Juan Sebastián El Cano" foran detidos por tráfico de drogas a Armada española solicita do Ministerio de Defensa un informe para substituír o coñecido veleiro por unha planeadora para facer a instrución dos gardamarinas no medio das bateas no canto de realizalas en alta mar. Alberto Núñez Feijoo xa anunciou que ía falar con Pemex e Barreiras para a construción da planeadora e, en relación á detención dos tres mariñeiros, declarou “son unos chavales, seguro que no tienen ni 34 años..."

 sen comentarios en: Lecer, Humor karma: 92
36votadas

O falso bando de Agustín El Nuevo que está a facer rir a media Compostela

Un falso bando tirado en nome do Concello de Compostela co gallo da visita de Felipe de Borbón á capital de Galiza está a dar que falar entre parte da veciñanza 'picheleir@'. Chama a poñer a bandeira española nos balcóns, a vestir con 'trajes regionales españoles' e andar co DNI na boca.

 1 comentarios en: Lecer, Humor karma: 95
« anterior12345...35» seguinte